O amor de outono
Foi o meu amor de outono,
ese amor serodio,
que chamou á miña porta
cando sentía frío.
Cando no meu xardín
xa as rosas murchan.
Pensaba que a roseira
só daba espinas.
Pero ti chegaches
e contigo o sol;
a roseira de pronto
todo floreceu
Encheu o meu xardín,
encheu a miña ventá,
ese sol de outono
que xa non esperaba.
De meus ollos tristes
naceron estrelas
e a risa por sempre
foi a miña compaña.
MARÍA QUEIJA FDZ (3º.D)
---ooo--- ---ooo--- ---ooo--- ---ooo--- ---ooo--- ---ooo---
Un amor imposible
Estou querendo a unha rapaza
e non lle podo falar,
estou sufrindo por dentro
e estoume sentindo acabar.
E que pena máis grande
é ter que ocultar o meu amor
e ter por dentro pena
e tamén moita dor.
Estou querendo a unha rapaza
con todo o meu corazón.
Morro por bicar a súa boca,
vivo pola súa paixón.
Que pena máis grande
é estar querendo
e ao mesmo tempo sufrindo
dicindo que é amistade
mentres que eu sei por dentro
que a quero de verdade.
---ooo---
A culpa tívoa a vista
de que eu a coñecera;
a vista a culpable
de que eu te queira.
Que a vida e o destino
levando os nosos anos
as nosas penas
e os desenganos
e eu seria a rapaza máis ditosa
se fora a dona do teu amor.